Title: Modelización de la depuración de toxinas DSP en mejillones cultivados en batea y su relación con las variables ambientales

University that offers the project: University of Vigo

Director: Roca Pardiñas, Javier

Summary:
As floracións de fitoplancto produtoras de biotoxinas representan unha das principais ameazas para o cultivo de mexillón (Mytilus galloprovincialis) en Galicia. Entre elas, as biotoxinas diarreicas (DSP), asociadas aos dinoflaxelados do xénero Dinophysis, destacan polos seus episodios prolongados, que xeran importantes perdas económicas debido ás prohibicións de comercialización e constitúen un risco para a saúde humana. Aínda que comprender a cinética de depuración de toxinas nos mexillóns é fundamental para unha xestión eficaz, os estudos existentes en condicións naturais son escasos e foron realizados hai máis de dúas décadas. Esta proposta de traballo ten como obxectivo optimizar a modelización da cinética de depuración de toxinas en mexillóns expostos a Dinophysis spp., empregando ferramentas estatísticas avanzadas e analizando variables ambientais ao longo de múltiples ciclos de cultivo en distintos polígonos das Rías Baixas en condicións naturais. As actividades deste TFM inclúen: 1. Construción dunha base de datos ambiental a partir de diferentes fontes de información dispoñibles (modelos, satélite, bases de datos públicas, etc.). 2. Formación no protocolo de análise de toxinas DSP mediante técnicas avanzadas como CL-MS/MS e na identificación das principais especies de fitoplancto tóxico mediante microscopía óptica. 3. Análise estatística descriptiva e multivariante (GLM, GAM, CCM…) e modelos predictivos para parametrizar a cinética de depuración dos mexillóns en función das variables ambientais. 4. Interpretar a relación entre as condicións ambientais e a capacidade do modelo obtido para reproducir a cinética de depuración observada, así como a capacidade predictiva que esta ferramenta tería na xestión do recurso. Este enfoque multidisciplinar proporcionará unha base sólida para comprender os procesos de depuración e o seu impacto na xestión sustentable do cultivo do mexillón en Galicia, contribuíndo a mitigar os efectos económicos e sanitarios das floracións tóxicas.

More information