Unha formación avanzada en técnicas estadísticas diseñada para quenes buscan especialización, rigor académico e proxección profesional ou investigadora.
O Máster Universitario en Técnicas Estadísticas
O Máster en Técnicas Estatísticas (MTE) propón un programa amplo e, ao mesmo tempo, compacto, que permite acadar unha formación rigorosa en Estatística e métodos cuantitativos. Está deseñado co obxectivo de proporcionar ao estudantado as competencias necesarias para comprender e aplicar con solidez as ferramentas estatísticas máis relevantes.
O enfoque formativo do máster baséase nunha sólida base metodolóxica, combinando os aspectos teóricos fundamentais da estatística coas súas aplicacións prácticas, de xeito que quen completa o programa adquira unha perspectiva ampla e ben estruturada da disciplina.
Ademais, este máster establece unha vía natural de acceso ao Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa, facilitando a continuidade na formación de carácter investigador para quen desexe afondar na investigación científica dentro deste eido.
No seu conxunto, o MTE ofrece unha formación que abrangue tanto os fundamentos como as aplicacións avanzadas da estatística, orientada a desenvolver capacidades analíticas e habilidades cuantitativas, con rigor académico e coherencia interna.
Se buscas unha formación con futuro, o Máster Universitario en Técnicas Estatísticas é o que buscas.
A maior demanda de perfís técnicos capaces de realizar análises descritivas, predictivas e prescritivas da información xerada polas empresas de diversos ámbitos traduciuse en taxas de inserción laboral próximas ao 100 % nos últimos anos.