Unha formación avanzada en técnicas estadísticas diseñada para quenes buscan especialización, rigor académico e proxección profesional ou investigadora.
Doutorado en Estadística e Investigación Operativa
O Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa é un programa de estudos que ten como finalidade proporcionar unha formación avanzada e rigorosa no ámbito da estatística e da investigación operativa. O seu obxectivo principal é preparar o alumnado para desenvolver investigación científica de alto nivel nestas áreas, consolidando coñecementos metodolóxicos e competencias investigadoras que permitan contribuír ao avance do saber nestes campos.
Este programa xorde da colaboración sostida ao longo dos anos entre distintos grupos de investigación especializados en estatística e investigación operativa, o que achega un contorno formativo sólido e estruturado para quen desexa afondar nestes ámbitos.
A estrutura e o enfoque do doutoramento están deseñados para orientar o alumnado cara á execución de traballos de investigación orixinais e relevantes dentro das liñas de estudo da área, fomentando a produción, difusión e aplicación de novos coñecementos científicos.
Así mesmo, este doutoramento preséntase como unha continuación natural para quen completou o Máster en Técnicas Estatísticas, ofrecendo unha vía para consolidar unha carreira académica ou investigadora especializada en estatística, métodos cuantitativos e investigación operativa dentro dun contorno académico colaborativo.
Se o teu obxectivo é desenvolver investigación avanzada, o Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa é o seguinte paso.
A maior demanda de perfís técnicos capaces de realizar análises descritivas, predictivas e prescritivas da información xerada polas empresas de diversos ámbitos traduciuse en taxas de inserción laboral próximas ao 100 % nos últimos anos.